IV ENCONTRO DE COROS DE UNIVERSIDADES SÉNIOR



Crónica de  Eloisa  Cubeiro
Plantaron a semente do “ I  Encontro de Coros”  en Asturias, foi crecendo cara a Euskadi, e seguiu ata Castela León, para virar cara ao noroeste e chegar a Ferrol e A Coruña, onde celébrase o  “IV Encontro Coros  Sénior Universitarios”.
En Ferrol, o 11 de abril, recibiron aos Coros de Bilbao – Burgos – Oviedo ( PUMUO) - Palencia – Valladolid –  A Coruña ( ADAYEUS) – e o de Ferrol xa estaba na casa.
Honradamente direivos que me foi imposible desprazarme a Ferrol, por iso o que vos conto cíngome ao programa que se ofreceu, así como algún detalle que me contou algunha das persoas que puido asistir.
A mañá do día 11 foi adicada a actos oficiais e lúdicos; en primeiro lugar levouse a cabo a presentación oficial ante as Autoridades do  IV Encontro de Coros no Teatro Jofre, a continuación, quen se anotou anteriormente, paseou e gozou da cidade nunha visita guiada acompañada por guías turísticos profesionais.
E pola tarde, no mesmo Teatro Jofre, tivo lugar  a intervención dos coros arriba mencionados.
O primeiro coro que actuou foi o da Coruña- ADAYEUS e pechou o acto o coro de Ferrol, cada coro interpretou entre tres e catro temas, utilizando os tempos dispoñibles con todo rigor, para ben, tanto dos que actuaban como do público asistente, sen perda de tempo axustándose ao programa establecido.
Ao finalizar as actuacións dos sete coros participantes, conxuntamente interpretaron  O  Voso Galo  Comadre, Libertad e  Gaudeamus  Igitur.
Ao concluír o concerto no Teatro, a maioría dos  coralistas achegáronse ao Parador de Turismo de Ferrol onde se serviu un cóctel merenda-cea coa intención de confraternizar entre os distintos grupos.
E xa o venres, 12 de abril, a segunda parte do  IV Encontro, tivo lugar na Coruña.
Ás 11.00 horas, con puntualidade envexable, no  Teatro  Colón, coa presenza das Autoridades convidadas, deu lugar o comezo deste evento.
Saúdase ao público asistente, empezaron, subindo ao escenario en primeiro lugar, a Vicepresidenta de  ADAYEUS, María del Puerto Pérez Domínguez, seguiulle a Directora da UDC- Senior, Matilde García Sánchez, en representación da Deputación, o Deputado Provincial,  Bernardo Fernández Piñeiro e pechou os saúdos o Alcalde da Cidade,  Xulio Ferreiro Baamonde.
Rompendo o estilo do que iamos escoitar, actuou o Grupo de Música Tradicional ( GTM),  que interpretou varios temas con instrumentos propios da nosa terra, que foron a ledicia de todos os asistentes.
De mestres de cerimonia tivemos a dous compañeiros-socios de  ADAYEUS, Carmen Sánchez Suárez e José Manuel Martínez Ares, que presentaron correctamente a todos os coros e os seus respectivos directores.
Nos camerinos tiñamos á nosa compañeira e socia de  ADAYEUS,  Josefina Arias Fernández, que se perdeu todas as actuacións porque por motivos de seguridade non se podía pechar con chave ningunha porta e os  coralistas depositaran obxectos persoais, e ela decidiu non abandonar o seu sitio.
Antes da intervención de cada coro, proxectáronnos vídeos promocionais das súas cidades de orixe, moi amenos e vistosos, sendo o da Coruña, confeccionado e realizado polos nosos compañeiros tamén socios de  ADAYEUS, Luís  Santillana Ferrero e Agustín Cabezudo García, un dos máis impactantes.
Concepción Maneiro  Santamaría (compañeira e socia) estaba no escenario co labor de indicar aos técnicos da sala o momento en que os coros estaban  en disposición de actuar, para que se elevase a pantalla de cinema onde se proxectaban os vídeos. Tamén tivo a función de facilitar os obsequios ás persoas que  os entregaban.
Mirtha Puga Alonso (Vogal da Xunta Directiva de  ADAYEUS) e  Eloisa  Cubeiro Veiga (tamén compañeira e socia), tiñan como función ir organizando a saída e entrada dos coros na sala antes e despois de actuar.
Aquí contamos ademais dos sete coros que actuaron o día anterior en Ferrol, co coro de Vigo, o cal actuou en primeiro lugar,  pechando hoxe o acto o coro da Coruña – ADAYEUS, igual que onte, cada coro interpretou  entre tres e catro temas.
Ao finalizar todas as actuacións segundo o programa de man, ao unísono os oito coros interpretaron os mesmos temas que na xornada anterior cantaron en Ferrol. Sobre o escenario estaban os dous coros anfitrións deste  IV Encontro, A Coruña- ADAYEUS e Ferrol, ao que se sumou o coro de Vigo, e desde as súas butacas, os cinco restantes.
E para terminar, todos de pé,  unidas as 255 voces dos  coralistas máis as do público que alí estabamos, cantamos o himno universitario  Gaudeamus  Igitur .
Os presentadores tomaron a palabra para dar paso á presidenta de  Caumas, Mariña  Troncoso e o presidente de  Fegaus, Alejandro Otero,  que entregaron aos directores de cada coro unha figura- gaiteiro de cerámica de Sargadelos, como recordo da súa asistencia ao  IV Encontro Coros  Sénior Universitarios.
E anunciaron que o “V Encontro de Coros  Sénior Universitarios” celebrarase   o  próximo ano 2020 en Vigo.
Tamén houbo outros agasallos para os coros de Ferrol e A Coruña- ADAYEUS, entregados polos responsables dos coros invitados, os cales tamén dirixiron unhas palabras cariñosas e de agradecemento.
E como punto final, o compañeiro, Vogal do Coro, José Manuel Álvarez  Ilarri, pechou o acto dando as grazas ás Institucións, Teatro  Colón, a todos os que colaboraron para que este encontro chegase á meta e a todos os  coralistas por estar aí, porque sen eles non existirían estes encontros.
Tamén animou e enviou unha mensaxe a todos os maiores asistentes para que, cando se propoñan algo ou se embarquen nalgún proxecto, non caian no desánimo e poñan niso, como di a canción: Alma, Corazón e Vida.
Para selar este irmandamento, entre  coralistas e acompañantes, que sumaron ao redor de 320 persoas, desprazáronse a Santa Cruz de  Mondoi, para saborear no Pazo de Andrade, un menú típico galego e levar como última lembranza o marco incomparable e enclave que ofrecen estas instalacións nese magnífico lugar.
                       FELIZ   REGRESO   A CASA A  TODOS OS PARTICIPANTES  !!!!
A Coruña,  12 abril 2019

La Opinión. Publicación do día 8 de abril de 2019

Mayores que alzan la voz (08/04/2019)

Ocho coros universitarios sénior de España se reúnen este viernes en el Colón, donde actuarán en un encuentro organizado por la asociación coruñesa Adayeus
Miembros del Coro Universitario Sénior de Adayeus, la semana pasada. (Víctor Echave)

Pertenecen a distintas ciudades de España, pero tienen dos cosas en común: la edad, situada ya por la parte alta de la tabla, y la pasión por el canto, que les hace llenar su tiempo libre de boleros, habaneras y foliadas. Son los coros universitarios sénior, grupos de hombres y mujeres que, una vez en la jubilación, dan rienda suelta a su gusto por la música, hasta entonces solapada por el tiempo que dedicaban a su profesión. Englobado dentro de la Asociación de Alumnos y Ex Alumnos de la Universidad Sénior (Adayeus), el de A Coruña reúne ahora en cada ensayo a antiguos profesores, médicos e incluso a maquinistas de locomotoras de vapor, que se plantan con ilusión frente a las partituras para ofrecer su mejor cara en el IV Encuentro de Coros Universitarios Sénior.
Este año, a los cantantes de Adayeus les ha tocado ser los anfitriones de la gala, que se celebra desde su formación en Oviedo de la mano de tres agrupaciones. Junto a los asturianos, serán siete las corales que participen en esta ocasión en el concierto, procedentes, además de A Coruña, de Ferrol, Vigo, Bilbao, Palencia, Valladolid y Burgos. El espectáculo, en el que interpretarán sus respectivos repertorios, comenzará a las 11.00 horas tras su apertura a cargo del alcalde. En total, desfilarán por el escenario cerca de trescientos cantantes, que entonarán letras de temas como Vizcaya, La golondrina, Hallelujah o Dispuesto a todo.
En su programa, el coro de Adayeus presumirá de acento gallego con un Alalá de Noia, una Foliada do Salnés y las melodías de Cantando O Xote. Habrá también sitio en el repertorio para el toque anglosajón con Hush, somebody's is calling my name, que no asusta a un grupo, como asegura su vocal José Manuel Álvarez, acostumbrado a la mezcla más absoluta de estilos. Sus miembros, además, llevan tiempo calentando las cuerdas vocales para el concierto que ofrecerán en el teatro. Entre su alrededor de 40 integrantes, no son pocos los que se sirven de las nuevas tecnologías para enviarse fragmentos de las obras, que ensayan en casa para arañar más tiempo de práctica a los ensayos programados.
"Yo estoy convencido de que sanamos enfermedades, porque la gente se lo pasa en grande. A parte de disfrutar, con estos encuentros lo que buscamos es conocer sitios de España e intercambiar métodos de enseñanza para mejorar las distintas formaciones ", explica el presidente de la asociación, Roberto Pérez, que reconoce que en estas galas se genera cierta "competencia sana" entre los grupos, que intentan "dar lo mejor de sí". "Será la primera vez que participe Vigo, pero esto no es como en el fútbol. Nosotros tenemos una buena relación", añade entre risas.
El arte de no frenar la marcha
El director de Adayeus se declara dispuesto a ofrecer en el acto una imagen de A Coruña que deje "con ganas de volver" a sus visitantes, a los que agasajará con "detalles" y una comida gallega tradicional. Entre pulpo y laconadas se decidirá cuál será la sede del próximo encuentro, al que los coristas coruñeses esperan poder volver a sumarse.
El coro es solo una de las muchas actividades de Adayeus, que ofrece un programa de reuniones, clases y salidas culturales a cualquier interesado, con los únicos requisitos de ser mayor de 50 años y estar ya en la jubilación. Actualmente, la entidad cuenta con 450 socios, que pueden cursar materias como sociología, psicología, economía o filosofía de la mano de personal docente de la Universidad de A Coruña.
La demanda es tan grande que, asegura Pérez, "hay peleas por entrar", para frenar con formación el anquilosamiento que puede traer consigo la vejez. Más allá de los libros, la asociación ha realizado este año visitas al castro de Elviña, el Camino de Santiago y el Palacio de Capitanía, y prepara una comida con baile para mayo con motivo de la celebración de fin de curso.