Christian
Losada Matías
Músico nado en Mondoñedo (Lugo). Graduouse en 2021 na especialidade de
canto no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Durante a súa formación
recibiu clases dos mestres Mercedes Hernández, Maite Bárbara, Magna Ferreira,
Lidia Basterretxea, Diego Neira, Aida López, Pablo Carballido, Yolanda
Montoussé, Manuel Burgueras, Marcus Fohr e Federico Bardazzi.
Foi mestre nas escolas municipais de música de Silleda e A Coruña. En 2018
debuta no rol de Beppe da ópera Rita de G. Donizetti e uns meses máis adiante
encarna o narrador na escenificación da Cantata do Café BWV 211 de J. S. Bach,
organizada pola Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela.
Apegado ao canto coral dende a súa xuventude, formou parte de agrupacións
coma a Escolanía Mestre Pacheco, Coro da Universidade de Santiago de
Compostela, Orfeón Terra A Nosa e Ludus Tonalis, entre outros. Colaborou tamén
con outras como Vox Stellae, Resonet e Proxecto Vocal Concerto Tempo. Na
actualidade é xefe de corda de tenores no Coro da Orquesta Sinfónica de Galicia
e integrante dos conxuntos Música Doméstica, Musicoralia e Buxus Ensemble.
Tras formarse en dirección coral con mestres coma Julio Domínguez, Brady
Allred, Irene Gómez-Calado, Fernando G. Jácome, Fernando Briones ou Igor
Ijurra, asume a dirección de diversas formacións como o coro Santa Susana de
Santiago de Compostela ou o coro Santa María Maris.
Na actualidade encargase da dirección musical do Coro Asubío de Santiago de Compostela, do cal foi un dos fundadores; o grupo de cantos tradicionais e o coro da Asociacion de Alumnos e Exalumnos da Universidade Senior da UDC; e o Coro Vocalisse da Coruña. Ademáis, no eido da composición, alcanzou diversos recoñecementos en concursos con obras vocais en lingua galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario