Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 2018/2019. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 2018/2019. Amosar todas as publicacións

Na Residencia A Obra da Señora


Esta foi a nosa última actuación no ano 2019. No mes de xaneiro retomaremos os ensaios. 
Bo Nadal!!!     

                                                                                                                           

Voces Meigas

No mes de maio comeza na nosa cidade as diferentes actividades relacionadas coa festa de San Xoán.
A nosa Coral sumouse a esta celebración e participou nun recital dentro do Ciclo "Voces Meigas" no R.R.I. de Artesáns.
O programa para esta ocasión foi moi variado, combinando música tradicional galega con boleros e baladas que fixeron vibrar aos asistentes.
Parabéns!!!

Cantando na Residencia Meu Lar




Novamente encantados de regalar tempo a quen máis o necesita: os nosos maiores. Esta vez foi o día 29 de abril na Residencia Meu Lar, no barrio coruñés do Ventorrillo.
No programa interpretamos un repertorio de cancións tradicionais que fixeron a ledicia dos asistentes.
Piel de Canela, Alma corazón y vida, de colores, la muradana, cantando o xote, o voso galo, Os cregos, foliada de Vilariño, foliada do Salnés, foliada da Coruña e gobbo so pare, foron as cancións elixidas nesta ocasión.
Para a nosa coral é unha motivación constante este público tan entregado, que fai que gocemos tanto ou máis da experiencia que o persoal a quen vai dirixido.
SEMPRE GRAZAS!


Celebrando o Entroido

O pasado venres 22 de febreiro ás 2:00 horas e co motivo da celebración do Entroido 2019, a Asociación ADAYEUS, organizou un cocido masivo, no que asistiron en total 148 persoas, na Finca "O CENADOR DE CAMBRE". Un número significativo de invitados asistiron disfrazados ou cun complemento "carnavaleiro", que deu o toque de "troula" preciso ao evento.
Cando chegou a sobremesa, a festa foi amenizada polo grupo galego "OS XOTAS", composto por dúas gaitas e tambor, aos que máis tarde se xuntaron algúns  socios e camaradas para tocar a pandeireta, cantar e bailar muiñeiras, xotas, pasarruas, etc.
Tamén o Coro Adayeus interpretou unha serie de cancións en galego, acompañadas polo resto dos comensais. Grazas a todos por facernos pasar unha tarde moi agradable

Actuacións de Nadal do Coro Adayeus







Como adoita ser habitual nas datas do Nadal o Coro Adayeus visitou as residencias de maiores, que figuran a continuación, co fin de desexar felices festas aos residentes e interpretar para eles cancións populares, así como, algunhas panxoliñas.
O calendario foi o seguinte:
10 de decembro en Sanitas  (Monte Alto)
12 de decembro na Obra da Señora  (Os Rosales)
13 de decembro na Milagrosa 
17 de decembro en Grupo Ballesol (Oleiros)
Todas as actuacións foron moi aplaudidas por un público tan entrañable e especial. Lograron sacarlles a mellor dos sorrisos e, ata en algunha ocasión, animáronse a bailar e acompañar con palmas.
As Direccións dos Centros felicitaron e agradeceron a visita. 
Para cada un dos integrantes do Coro estas actuacións supoñen unha satisfación persoal polas características do público a quen vai dirixido.
Aquí tedes unha mostra fotográfica: 



MESIAS PARTICIPATIVO


Crónica de Eloisa Cubeiro
E xa estamos a asistir á cuarta interpretación da obra O Mesías de G. F. Händel por parte do coro de ADAYEUS. E mañá será a quinta actuación, aquí mesmo no Palacio da Ópera da Coruña. Pero para chegar aquí, houbo unha andaina de esforzo, traballo e ilusión. Cando se estrearon con esta obra alá en decembro 2016 neste mesmo lugar, convidados por primeira vez pola Obra Social “A Caixa”, parecía unha fronte difícil de superar. Non foi así, houbo unha segunda actuación ao día seguinte no Auditorio e Palacio de Congresos Mar de Vigo, e a terceira en decembro 2017 no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. 
Á marxe destas impecables actuacións, a constancia e moitas horas adicadas aos ensaios, así como múltiples concertos dirixidos pola directora do coro Luisa Armesto, permítelles recoller o froito de compartir escenario con outros coros non profesionais, co coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e coa propia Orquestra Sinfónica de Galicia. No día de hoxe, o coro de ADAYEUS formado por 15 sopranos, 8 contraltos, 8 tenores, 5 baixos (total 36 voces), defendeu O Mesías, despois de pasar un exhaustivo calendario de ensaios dirixidos polo preparador Pere Lluís Biosca. Nesta ocasión todos os coros participantes, un total de dez, formaron un abanico de: 90 sopranos, 72 contraltos, 51 tenores, 49 baixos, un total de 262 voces, que estratexicamente situadas entre as bancadas e o escenario, envolveron coa súa música todo o recinto que compartiron coas actuacións puntuais da soprano Jone Martínez a contralto Francesca Asciot o tenor Richard Resch e o baixo Víctor Cruz cos músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixidos polo mestre Carlos Mena totalmente entregado á obra e á dirección; e todos eles arroupados por un público fiel que vibrou e emocionouse ao escoitar unha vez máis este concerto extraordinario do Mesías participativo. Esperamos que haxa un sexto, sétimo e máis interpretacións desta magnífica obra, para seguir vivindo esta experiencia única e impactante e chea de sensacións.
A Coruña, 5 de decembro de 2018