Hoxe 8 de xuño, ás 12:00 horas,
reunímonos no Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña, na Maestranza,
onde tivo lugar o acto de graduación da XVIII promoción de graduados da Coruña.
Este acto comezou coa
intervención do coro ADAYEUS, que interpretou o Gaudeamus Igitur.
O acto, este ano, estivo presidido polo reitor, D. Julio Abalde,
pola vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente da
Universidade da Coruña, Dona Nancy Vázquez Veiga, e contou coa intervención da
directora da Universidade Sénior, Dona Matilde García Sánchez. Tamén
participaron o padriño da promoción, o profesor Juan José Galán Díaz, e o
representante do alumnado da promoción, D. Ramón Pou Romay, que ademáis e o
Vicepresidente da Asociación ADAYEUS, que fixo una mención especial para nosa
Asociación.
A continuación, Francisco Ascón
Belver, técnico da Universidade Sénior fai o chamamento, de 4 en 4, dos titulados
que recollen os seus diplomas e becas na mesa presidencial.
Francisco Ascón, foi nomeándoos
por orde alfabética, e así pasaron os titulados, entre eles varios membros da Xunta Directiva de Adayeus: Antonia Barral, M. Dolores Cabrera, Ramón Pou y María Luisa Mauriz, que e compoñente tamén
do Coro ADAYEUS, así como outra compoñente do Coro, María Nieves Sánchez
Iglesias.
Despois da entrega, recibiron
unha forte ovación de todos os que estaban alí.
Por último, tomou a palabra o
Reitor, D. Julio Abalde, o cal dirixiu unas fermosas palabras a todos os recién
Graduados, despedindose do seu posto como Reitor, o cal finaliza a finais de
este ano, y desexando que pase rápido, o tempo que lle queda para poder ser
alumno da Universidade Senior.
Pechou o acto o coro ADAYEUS,
interpretando un tema galego: “Xa non sei Cantar”, e como remate do acto cantaron o Himno Galego, ao
tempo que abrían as cortiñas do Paraninfo e volvemos a poder admirar a “pintura
impresionista” que nos ofrece a baía da Coruña.
Parabéns aos novos graduados.
ADAYEUS
VIDEOS: https://photos.app.goo.gl/4ZeaQpgqVEh39FRC7