Crónica de Eloisa Cubeiro
Plantaron a semente do “ I Encontro de Coros” en Asturias, foi crecendo cara a Euskadi, e seguiu ata Castela León, para virar cara ao noroeste e chegar a Ferrol e A Coruña, onde celébrase o “IV Encontro Coros Sénior Universitarios”.
En Ferrol, o 11 de abril, recibiron aos Coros de Bilbao – Burgos – Oviedo ( PUMUO) - Palencia – Valladolid – A Coruña ( ADAYEUS) – e o de Ferrol xa estaba na casa.
Honradamente direivos que me foi imposible desprazarme a Ferrol, por iso o que vos conto cíngome ao programa que se ofreceu, así como algún detalle que me contou algunha das persoas que puido asistir.
A mañá do día 11 foi adicada a actos oficiais e lúdicos; en primeiro lugar levouse a cabo a presentación oficial ante as Autoridades do IV Encontro de Coros no Teatro Jofre, a continuación, quen se anotou anteriormente, paseou e gozou da cidade nunha visita guiada acompañada por guías turísticos profesionais.
E pola tarde, no mesmo Teatro Jofre, tivo lugar a intervención dos coros arriba mencionados.
O primeiro coro que actuou foi o da Coruña- ADAYEUS e pechou o acto o coro de Ferrol, cada coro interpretou entre tres e catro temas, utilizando os tempos dispoñibles con todo rigor, para ben, tanto dos que actuaban como do público asistente, sen perda de tempo axustándose ao programa establecido.
Ao finalizar as actuacións dos sete coros participantes, conxuntamente interpretaron O Voso Galo Comadre, Libertad e Gaudeamus Igitur.
Ao concluír o concerto no Teatro, a maioría dos coralistas achegáronse ao Parador de Turismo de Ferrol onde se serviu un cóctel merenda-cea coa intención de confraternizar entre os distintos grupos.
E xa o venres, 12 de abril, a segunda parte do IV Encontro, tivo lugar na Coruña.
Ás 11.00 horas, con puntualidade envexable, no Teatro Colón, coa presenza das Autoridades convidadas, deu lugar o comezo deste evento.
Saúdase ao público asistente, empezaron, subindo ao escenario en primeiro lugar, a Vicepresidenta de ADAYEUS, María del Puerto Pérez Domínguez, seguiulle a Directora da UDC- Senior, Matilde García Sánchez, en representación da Deputación, o Deputado Provincial, Bernardo Fernández Piñeiro e pechou os saúdos o Alcalde da Cidade, Xulio Ferreiro Baamonde.
Rompendo o estilo do que iamos escoitar, actuou o Grupo de Música Tradicional ( GTM), que interpretou varios temas con instrumentos propios da nosa terra, que foron a ledicia de todos os asistentes.
De mestres de cerimonia tivemos a dous compañeiros-socios de ADAYEUS, Carmen Sánchez Suárez e José Manuel Martínez Ares, que presentaron correctamente a todos os coros e os seus respectivos directores.
Nos camerinos tiñamos á nosa compañeira e socia de ADAYEUS, Josefina Arias Fernández, que se perdeu todas as actuacións porque por motivos de seguridade non se podía pechar con chave ningunha porta e os coralistas depositaran obxectos persoais, e ela decidiu non abandonar o seu sitio.
Antes da intervención de cada coro, proxectáronnos vídeos promocionais das súas cidades de orixe, moi amenos e vistosos, sendo o da Coruña, confeccionado e realizado polos nosos compañeiros tamén socios de ADAYEUS, Luís Santillana Ferrero e Agustín Cabezudo García, un dos máis impactantes.
Concepción Maneiro Santamaría (compañeira e socia) estaba no escenario co labor de indicar aos técnicos da sala o momento en que os coros estaban en disposición de actuar, para que se elevase a pantalla de cinema onde se proxectaban os vídeos. Tamén tivo a función de facilitar os obsequios ás persoas que os entregaban.
Mirtha Puga Alonso (Vogal da Xunta Directiva de ADAYEUS) e Eloisa Cubeiro Veiga (tamén compañeira e socia), tiñan como función ir organizando a saída e entrada dos coros na sala antes e despois de actuar.
Aquí contamos ademais dos sete coros que actuaron o día anterior en Ferrol, co coro de Vigo, o cal actuou en primeiro lugar, pechando hoxe o acto o coro da Coruña – ADAYEUS, igual que onte, cada coro interpretou entre tres e catro temas.
Ao finalizar todas as actuacións segundo o programa de man, ao unísono os oito coros interpretaron os mesmos temas que na xornada anterior cantaron en Ferrol. Sobre o escenario estaban os dous coros anfitrións deste IV Encontro, A Coruña- ADAYEUS e Ferrol, ao que se sumou o coro de Vigo, e desde as súas butacas, os cinco restantes.
E para terminar, todos de pé, unidas as 255 voces dos coralistas máis as do público que alí estabamos, cantamos o himno universitario Gaudeamus Igitur .
Os presentadores tomaron a palabra para dar paso á presidenta de Caumas, Mariña Troncoso e o presidente de Fegaus, Alejandro Otero, que entregaron aos directores de cada coro unha figura- gaiteiro de cerámica de Sargadelos, como recordo da súa asistencia ao IV Encontro Coros Sénior Universitarios.
E anunciaron que o “V Encontro de Coros Sénior Universitarios” celebrarase o próximo ano 2020 en Vigo.
Tamén houbo outros agasallos para os coros de Ferrol e A Coruña- ADAYEUS, entregados polos responsables dos coros invitados, os cales tamén dirixiron unhas palabras cariñosas e de agradecemento.
E como punto final, o compañeiro, Vogal do Coro, José Manuel Álvarez Ilarri, pechou o acto dando as grazas ás Institucións, Teatro Colón, a todos os que colaboraron para que este encontro chegase á meta e a todos os coralistas por estar aí, porque sen eles non existirían estes encontros.
Tamén animou e enviou unha mensaxe a todos os maiores asistentes para que, cando se propoñan algo ou se embarquen nalgún proxecto, non caian no desánimo e poñan niso, como di a canción: Alma, Corazón e Vida.
Para selar este irmandamento, entre coralistas e acompañantes, que sumaron ao redor de 320 persoas, desprazáronse a Santa Cruz de Mondoi, para saborear no Pazo de Andrade, un menú típico galego e levar como última lembranza o marco incomparable e enclave que ofrecen estas instalacións nese magnífico lugar.
FELIZ REGRESO A CASA A TODOS OS PARTICIPANTES !!!!
A Coruña, 12 abril 2019

Ningún comentario:
Publicar un comentario