ACTUACION DO CORO ADAYEUS NA RESIDENCIA DOMUS Vi LA CIUDAD - 15/03/2023

Hoxe celebramos a última actuación do ciclo de Residencias de Maiores deste curso 2022/2023. Foi na Residencia Domus Vi da Cidade Vella da Coruña, onde nos recibiron como en todas,  con moito cariño, e que tentamos corresponder do mesmo xeito, cantando o mellor que sabemos. Ao remate do concerto, unha usuaria da residencia agasallounos cun pequeno cadro feito por ela mesma, que nos entregou con moita emoción, e que estes días colgaremos no local da nosa Asociación.

Algunhas tamén tivemos a sorte de saudar á que foi primeira alcaldesa da Coruña, Berta Tapia, que estivo alí.

O repertorio foi o seguinte:

 

Pandeirada de Vilariño,

Canto de Berce,

Os Cregos e os Taberneiros,

Alala de Noia,

O Voso Galo Comadre,

 Xa non sei cantar,

Cantando O Xote,

Siyahamba,

e finalmente A RIANXEIRA.

 

Agardamos  que o desfrutaran,  igual que nós.

 

Marisa Mauriz