ACTUACION DO GRUPO DE CANTOS TRADICIONAIS DE ADAYEUS EN RESIDENCIA DE MAIORES SANITAS - A CORUÑA - 15/06/2026

 Esta tarde, o Grupo de Canto Tradicional ADAYEUS ofreceu unha emotiva actuación na Residencia de Maiores Sanitas, onde foron recibidos con gran agarimo e entusiasmo.

O auditorio estaba completamente cheo de residentes, que participaron activamente durante toda a actuación, acompañando cada canción coas súas voces, aplausos e sorrisos. A música tradicional demostrou unha vez máis a súa capacidade para evocar recordos, emocións e momentos de conexión compartida.

A resposta do público foi magnífica, creando un ambiente cálido e festivo que fixo desta actuación unha experiencia moi especial tanto para os residentes como para os membros do grupo.

Dende ADAYEUS, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento á dirección da Residencia Sanitas, a todo o seu persoal e aos residentes pola cálida acollida que nos brindaron e por facernos sentir como na casa.

Agardamos volver compartir moi pronto máis momentos de música, alegría e amizade.


Marisa Mauriz Barreiro

Presidenta, ADAYEUS




ACTUACION DO GRUPO DE CANTOS TRADICIONALES DE ADAYEUS NA RESIDENCIA DE MAIORES PADRE RUBINOS DE A CORUÑA - 08/06/2026

 

Esta tarde, luns 8 de xuño, o Grupo de Canto Tradicional ADAYEUS ofreceu unha emotiva actuación na Residencia Padre Rubinos da Coruña, como parte do programa de actividades que a nosa asociación leva a cabo para achegar a música e a cultura tradicional gallega aos centros de maiores. A actuación formou parte das actividades programadas por ADAYEUS para este período.

Desde o primeiro momento, residentes, familiares e persoal do centro acolleron o grupo con gran agarimo e entusiasmo. O repertorio, composto por coñecidas cancións tradicionais gallegas, espertou recordos, emocións e numerosas expresións de participación por parte do público, que acompañou algunhas das actuacións con palmas e mesmo coas súas voces.

A música tradicional demostrou unha vez máis a súa enorme capacidade para unir xeracións, evocar experiencias e crear momentos de alegría compartida.

Ao longo da actuación, prevaleceu un ambiente cálido e acolledor, reflectindo o afecto co que sempre nos reciben na Residencia Padre Rubinos.

Desde ADAYEUS, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento á dirección, ao persoal e a todos os residentes de Padre Rubinos pola súa hospitalidade e a calidez que nos amosaron durante toda a tarde.

Tamén felicitamos aos membros do Grupo de Canto Tradicional pola súa dedicación e entusiasmo, que fixeron que fose un día cheo de emoción e camaradería.

Seguiremos traballando para levar a nosa música e tradicións alí onde poidan contribuír a que estes momentos de conexión sexan máis felices e agradables.


O repertorio foi:

  •  Cantigueiras
  • Moza que estás na ventana
  • Pirimpimpim
  • Por un bico moreniña
  • A filla de Xan dos despidos
  • O amor da costureira
  • Fisterra
  • Ruada de Beariz
  • Ai Maruxiña
  • Ao pasar por Camariñas
  • Cantiga de Montefurado
  • Catro vellos mariñeiros
  • O Sancristan de Coimbra 


Marisa Mauriz Barreiro

Presidenta de ADAYEUS


Videos: https://photos.app.goo.gl/grsddEv33Qq4hc4k9





ACTUACION DO CORO ADAYEUS NA XXI PROMOCIÓN DO GRADUADO SENIOR DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA - RECTORADO - 05/06/2026

 

Hoxe, venres 5 de xuño, as 10:00 horas, no Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña, na Maestranza, tivo lugar o acto de graduación e entrega de diplomas ao alumnado do campus da Coruña e de Ferrol, correspondente a XXI promoción (2021-2026) do Graduado Senior pola Universidade da Coruña” acto no que tamén se conmemorou o 25 aniversario da creación da propia Universidade Senior.

O acto estivo  presidido polo  Reitor da Universidade da Coruña, D. Ricardo Cao Abad, que estivo acompañado polo Director Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Xunta de Galicia, D. Antonio Acevedo Prado, pola Alcaldesa da Coruña, Dna Inés Rey, e pola Concelleira de Política Social e Inclusión do Concello de Ferrol, Dna Rosa María Martínez Beceiro.

Tamen asistiron ao evento diversas autoridades municipais, alcaldes e concelleiros, dos concellos de As Pontes, Arteixo, Betanzos, Carballo, Cee e Zas, que colaboran no desenvolvemento do programa universitario de Democratización do Coñecemento da Universidade Senior.

Trala entrega de diplomas, o acto continuou coa intervención da directora da Universidade Senior, Dna. Matilde García Sánchez e foi clausurado polo vicerreitor de Títulos e Internacionalización, D. Moisés Canle López.

A actuación musical do Coro da Asociación de Alumnos/as e Exalumnos/as da Universidade Sénior de A Coruña (ADAYEUS), puxo o broche final a este acto de graduación e de conmemoración do 25 aniversario da Unversidade Senior, interpretando a “Foliada Do Salnés”, “The Lion Sleeps Tonight” e o “Himno Galego”.

¡Noraboa a todos os graduados!

Marisa Mauriz

Presidenta ADAYEUS

 

Foto e Videos: https://photos.app.goo.gl/nXiNFqMabdW1Wcsz9