1ª Actuación para os maiores
Na Residencia Concepción Arenal DomusVi foi a nosa primeira actuación este curso para os maiores. Como vén sendo habitual, moi boa acollida e moitas vibracións entre os asistentes.
Acto de inauguración do curso 2019/2020 da Universidade Sénior
O día 17 de outubro inaugurouse o curso académico no Paraninfo da Reitoría na Maestranza.
Despois das intervención da Viceirreitora, Dª Nancy Vázquez e da Directora da Univeresidade Sénior, Dª Matilde García, o Profesor D. Francisco Moreno, Director académico do Instituto Cervantes e catedrático de Lingua Española da Universidade Alcalá de Henares, obsequiounos cunha lección Maxistral titulada El español en territorio comanche. O coro, como colofón, deleitounos co Himno Galego, Alalá de Noia e Gaudeamus Igitur.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)