CONCERTO DAS ROSAS - COIMBRA NOVEMBRO 2022
O pasado venres 4 de novembro saímos
ás 9:00 da mañá dende A Coruña a Coimbra (Portugal) os compoñentes da Coral
Adayeus e un grupo de acompañantes, co fin de participar nun encontro de 3
Coros Senior: Coro Misto Aposenior de Coimbra,
Coro da Associaçao para a Universidade dá Terceira idade de Torres
Vedras e o Coro Adayeus da Universidade Sénior da Coruña.
Con moita ilusión e alegría levamos
tres días de confraternización, e realizamos a actuación o sábado 5 pola tarde,
na Igrexa da Nosa Señora da Graça, cunha acústica perfecta e baixo o mando da
nosa directora Raquel Rodríguez que nos guía con paciencia e cariño.
Tamén aproveitamos para facer un
pouco de turismo pola fermosa Coimbra, a súa universidade e a súa marabillosa
biblioteca, pasando pola capela, o laboratorio químico e rematando no Museo
Machado de Castro, realmente sorprendente.
Co traballo rematado e a diversión
asegurada, fomos para casa cantando e contentos por ter feito un concerto
exitoso.
Os nosos homólogos de Coimbra xa nos
solicitaron devolver a visita, é dicir, queridos compañeiros e compañeiras que
non puideron acompañarnos nesta viaxe, prepárense para poder asistir ao próximo
concerto que, se non se celebra na Coruña, celebrarase nalgunha outra capital
de Galicia, coa asistencia do noso Coro, por suposto.
Mª del Carmen Sánchez Suárez
Vogal do Coro Adayeus
Galeria Fotos y Video: https://photos.app.goo.gl/dNx63CfvtYnmRVDZ8