MESIAS PARTICIPATIVO


Crónica de Eloisa Cubeiro
E xa estamos a asistir á cuarta interpretación da obra O Mesías de G. F. Händel por parte do coro de ADAYEUS. E mañá será a quinta actuación, aquí mesmo no Palacio da Ópera da Coruña. Pero para chegar aquí, houbo unha andaina de esforzo, traballo e ilusión. Cando se estrearon con esta obra alá en decembro 2016 neste mesmo lugar, convidados por primeira vez pola Obra Social “A Caixa”, parecía unha fronte difícil de superar. Non foi así, houbo unha segunda actuación ao día seguinte no Auditorio e Palacio de Congresos Mar de Vigo, e a terceira en decembro 2017 no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. 
Á marxe destas impecables actuacións, a constancia e moitas horas adicadas aos ensaios, así como múltiples concertos dirixidos pola directora do coro Luisa Armesto, permítelles recoller o froito de compartir escenario con outros coros non profesionais, co coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e coa propia Orquestra Sinfónica de Galicia. No día de hoxe, o coro de ADAYEUS formado por 15 sopranos, 8 contraltos, 8 tenores, 5 baixos (total 36 voces), defendeu O Mesías, despois de pasar un exhaustivo calendario de ensaios dirixidos polo preparador Pere Lluís Biosca. Nesta ocasión todos os coros participantes, un total de dez, formaron un abanico de: 90 sopranos, 72 contraltos, 51 tenores, 49 baixos, un total de 262 voces, que estratexicamente situadas entre as bancadas e o escenario, envolveron coa súa música todo o recinto que compartiron coas actuacións puntuais da soprano Jone Martínez a contralto Francesca Asciot o tenor Richard Resch e o baixo Víctor Cruz cos músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixidos polo mestre Carlos Mena totalmente entregado á obra e á dirección; e todos eles arroupados por un público fiel que vibrou e emocionouse ao escoitar unha vez máis este concerto extraordinario do Mesías participativo. Esperamos que haxa un sexto, sétimo e máis interpretacións desta magnífica obra, para seguir vivindo esta experiencia única e impactante e chea de sensacións.
A Coruña, 5 de decembro de 2018
                               

Actuacións de Fin de Curso


Na comida de confraternidade de Adayeus  o día 23 de maio, realizada no Hotel Fisterre, o noso coro tivo unha brillante actuación, interpretando catro temas moi aplaudidos polos asistentes.
20180523_163813

É de resaltar as actuacións nas Residencias de Maiores polo alto sentido social e a excelente participación dos residentes, realizadas o 3 de maio en DOMUS VI Matogrande, o 31 de maio en ADCOR nos Rosales, e o 7 de xuño na DOMUS VI en Oleiros.

Nestas fotos están reflectidas algúns momentos das actuacións: 

Actuacións coro

Graduación dos alumnos de 4º



Na ceremonia de Graduación do alumnado de 4º da Universidade Senior, no Paraninfo da Maestranza, o coro tivo dúas actuacións. A primeira para inaugurar o acto co Gaudeamus Igitur e a segunda para pechalo coa interpretación do Alalá de Noia e do Himno Galego

Actuación xunto á Coral de Veigue

A piques de rematar o curso académico 2017/18, e como ven sendo habitual, o Coro ADAYEUS participou en diferentes actos dirixidos a distintos colectivos.
O primeiro deles foi nun concerto celebrado o 10 de maio na E.T. S. Naútica, xunto coa Coral Santa Comba de Veigue