A tarde do pasado 16 de xaneiro os compoñentes do coro Adayeus dirixímonos cara ao moderno barrio coruñés de Matogrande para actuar na Residencia da 3ª idade DomusVi Matogrande.
Ao chegar fomos recibidos pola dirección do Centro e dirixidos ao Salón de actos onde actuamos.
A Residencia ofrece máis de cen prazas para residentes e tamén ofrece prazas como Centro de día.
A nosa actuación formou parte das actividades programadas pola dirección, e para nós, significou un acto solidario na que os residentes participaron entonando algunhas cancións e acompañando con palmas.
As cancións Piel canela, Foliada da Cruña, Muradana, Os cregos e taberneiros, Gobbo se pare, O rodaballo, foron incluidas no programa.
Toda unha actuación moi emotiva e na que, ao rematar, saímos coa sensación de alcanzar un obxectivo: arrincar un sorriso aos nosos maiores e que pasaran un rato agradable.
Voltaremos pronto, amigos!!!
ETIQUETAS
- Actividades (3)
- Actuacions (48)
- CARTEIS (7)
- COMPOSICION CORO (1)
- CURSO 2017/2018 (4)
- CURSO 2018/2019 (6)
- CURSO 2019/2020 (7)
- CURSO 2022/2023 (11)
- CURSO 2023/2024 (7)
- CURSO 2024/2025 (8)
- CURSO 2025/2026 (13)
- ENCONTRO NACIONAL COROS (3)
- PRENSA (2)
- VIDEOS (3)
Actuacións de Nadal do Coro Adayeus
Como
adoita ser habitual nas datas do Nadal o Coro Adayeus visitou as residencias de
maiores, que figuran a continuación, co fin de desexar felices festas aos
residentes e interpretar para eles cancións populares, así como, algunhas
panxoliñas.
O
calendario foi o seguinte:
10
de decembro en Sanitas (Monte Alto)
12
de decembro na Obra da Señora (Os Rosales)
13
de decembro na Milagrosa
17
de decembro en Grupo Ballesol (Oleiros)
Todas
as actuacións foron moi aplaudidas por un público tan entrañable e especial. Lograron sacarlles a mellor
dos sorrisos e, ata en algunha ocasión, animáronse a bailar e acompañar con palmas.
As Direccións dos Centros felicitaron e agradeceron a
visita.
Para cada un dos integrantes do Coro estas actuacións supoñen
unha satisfación persoal polas características do público a quen vai dirixido.
Aquí tedes unha mostra fotográfica:
MESIAS PARTICIPATIVO
Crónica de Eloisa Cubeiro
E xa estamos a asistir á cuarta interpretación da obra O Mesías de G. F.
Händel por parte do coro de ADAYEUS. E mañá será a quinta actuación, aquí mesmo
no Palacio da Ópera da Coruña. Pero para chegar aquí, houbo unha andaina de
esforzo, traballo e ilusión. Cando se estrearon con esta obra alá en decembro
2016 neste mesmo lugar, convidados por primeira vez pola Obra Social “A Caixa”,
parecía unha fronte difícil de superar. Non foi así, houbo unha segunda
actuación ao día seguinte no Auditorio e Palacio de Congresos Mar de Vigo, e a
terceira en decembro 2017 no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.
Á
marxe destas impecables actuacións, a constancia e moitas horas adicadas aos
ensaios, así como múltiples concertos dirixidos pola directora do coro Luisa
Armesto, permítelles recoller o froito de compartir escenario con outros coros
non profesionais, co coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e coa propia
Orquestra Sinfónica de Galicia. No día de hoxe, o coro de ADAYEUS formado por
15 sopranos, 8 contraltos, 8 tenores, 5 baixos (total 36 voces), defendeu O
Mesías, despois de pasar un exhaustivo calendario de ensaios dirixidos polo
preparador Pere Lluís Biosca. Nesta ocasión todos os coros participantes, un
total de dez, formaron un abanico de: 90 sopranos, 72 contraltos, 51 tenores,
49 baixos, un total de 262 voces, que estratexicamente situadas entre as
bancadas e o escenario, envolveron coa súa música todo o recinto que
compartiron coas actuacións puntuais da soprano Jone Martínez a contralto
Francesca Asciot o tenor Richard Resch e o baixo Víctor Cruz cos músicos da
Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixidos polo mestre Carlos Mena totalmente
entregado á obra e á dirección; e todos eles arroupados por un público fiel que
vibrou e emocionouse ao escoitar unha vez máis este concerto extraordinario do
Mesías participativo. Esperamos que haxa un sexto, sétimo e máis
interpretacións desta magnífica obra, para seguir vivindo esta experiencia
única e impactante e chea de sensacións.
A Coruña, 5 de decembro de 2018
Actuacións de Fin de Curso

É de resaltar as actuacións nas Residencias de Maiores polo alto sentido social e a excelente participación dos residentes, realizadas o 3 de maio en DOMUS VI Matogrande, o 31 de maio en ADCOR nos Rosales, e o 7 de xuño na DOMUS VI en Oleiros.
Nestas fotos están reflectidas algúns momentos das actuacións:
Graduación dos alumnos de 4º
Na ceremonia de Graduación do alumnado de 4º da Universidade Senior, no Paraninfo da Maestranza, o coro tivo dúas actuacións. A primeira para inaugurar o acto co Gaudeamus Igitur e a segunda para pechalo coa interpretación do Alalá de Noia e do Himno Galego
Actuación xunto á Coral de Veigue
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





