Crónica de Eloisa Cubeiro
E xa estamos a asistir á cuarta interpretación da obra O Mesías de G. F.
Händel por parte do coro de ADAYEUS. E mañá será a quinta actuación, aquí mesmo
no Palacio da Ópera da Coruña. Pero para chegar aquí, houbo unha andaina de
esforzo, traballo e ilusión. Cando se estrearon con esta obra alá en decembro
2016 neste mesmo lugar, convidados por primeira vez pola Obra Social “A Caixa”,
parecía unha fronte difícil de superar. Non foi así, houbo unha segunda
actuación ao día seguinte no Auditorio e Palacio de Congresos Mar de Vigo, e a
terceira en decembro 2017 no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.
Á
marxe destas impecables actuacións, a constancia e moitas horas adicadas aos
ensaios, así como múltiples concertos dirixidos pola directora do coro Luisa
Armesto, permítelles recoller o froito de compartir escenario con outros coros
non profesionais, co coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e coa propia
Orquestra Sinfónica de Galicia. No día de hoxe, o coro de ADAYEUS formado por
15 sopranos, 8 contraltos, 8 tenores, 5 baixos (total 36 voces), defendeu O
Mesías, despois de pasar un exhaustivo calendario de ensaios dirixidos polo
preparador Pere Lluís Biosca. Nesta ocasión todos os coros participantes, un
total de dez, formaron un abanico de: 90 sopranos, 72 contraltos, 51 tenores,
49 baixos, un total de 262 voces, que estratexicamente situadas entre as
bancadas e o escenario, envolveron coa súa música todo o recinto que
compartiron coas actuacións puntuais da soprano Jone Martínez a contralto
Francesca Asciot o tenor Richard Resch e o baixo Víctor Cruz cos músicos da
Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixidos polo mestre Carlos Mena totalmente
entregado á obra e á dirección; e todos eles arroupados por un público fiel que
vibrou e emocionouse ao escoitar unha vez máis este concerto extraordinario do
Mesías participativo. Esperamos que haxa un sexto, sétimo e máis
interpretacións desta magnífica obra, para seguir vivindo esta experiencia
única e impactante e chea de sensacións.
A Coruña, 5 de decembro de 2018
Moi bo resumo. Así serve para lembrar. Noraboa.
ResponderEliminarMuchas gracias Eloísa
ResponderEliminar