Este luns, 25/05/2026, unha das salas do Casino da Coruña transformouse de novo nun escenario de gala para acoller un concerto da Coral ADAYEUS e o Grupo de Canto Tradicional ADAYEUS, un evento incluído no programa das Fogueiras de San Xoán da cidade de 2026.
O éxito do evento reflectiuse no salón abarrotado, onde socios, familiares, amigos e un numeroso público desfrutaron dunha tarde chea de música, emoción e tradición. O repertorio combinou pezas corais con cancións tradicionais gallegas, ofrecendo unha actuación variada e atractiva que foi recibida con calorosos e continuos aplausos por parte dos asistentes.
Tanto a Coral como o Grupo de Canto Tradicional demostraron, unha vez máis, o magnífico traballo que realizaron ao longo do ano, así como o entusiasmo e a dedicación de todos os seus membros, que deleitaron ao público dende o primeiro momento.
O ambiente durante toda a actuación foi extraordinario, facendo do concerto un deses eventos culturais que deixa unha pegada duradeira e reforza o espírito comunitario e de participación que caracteriza a ADAYEUS.
Despois do concerto, os participantes desfrutaron dun agradable rato xuntos no restaurante do Casino, onde se serviron tapas, o que lles permitiu prolongar a velada nun ambiente distendido e amigable.
En nome de ADAYEUS, queremos expresar o noso máis profundo agradecemento á Comisión Organizadora das Fogueiras de San Xoán por incluír á nosa Asociación na celebración deste concerto. O noso agradecemento tamén vai para todos os asistentes, cuxa calidez e presenza dan sentido aos nosos esforzos. Grazas por acompañarnos, por aplaudirnos e por compartir esta tarde de música con nós.
Podes atopar un resumo fotográfico da velada na seguinte ligazón.
Fotos e vídeos: https://photos.app.goo.gl/xgoc8obx28UxMpMv8
Ata o vindeiro outubro!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario