Este
luns, o salón de actos da Escola de Náutica e Maquinaria da Coruña encheuse de
emoción, aplausos e xenerosidade durante o concerto organizado por ADAYEUS a
beneficio da Cociña Económica da Coruña, e en homenaxe ao Día das Letras
Galegas. Un evento onde a música popular e a solidariedade foron as verdadeiras
protagonistas.
Ao
acto asistiron o presidente da Cociña Economica da Coruña, D. Jacinto Torres
Fraga, e o seu administrador, D. Oscar Castro. Na entrada do Salón de Actos, colocouse unha caixa de colecta onde os
asistentes depositaron voluntariamente unha doazón.
A
tarde comezou cunha actuación do Grupo de Cantos Tradicionais ADAYEUS, que
ofreceu un repertorio empapado de raíces e memoria colectiva, revivindo
cancións do patrimonio popular que provocaron sorrisos compliceiros e algunhas
bágoas de emoción no público.
A
continuación, o grupo da Asociación DO LADO DO SOL sumou as súas voces, bailes
e entusiasmo a unha animada actuación, destacando o valor da música como
vehículo de unidade, inclusión e alegría compartida.
O
concerto concluíu cunha actuación do Coro ADAYEUS, que ofreceu unha variada e coidada
selección do seu repertorio, interpretada coa paixón e dedicación que a
caracterizan. A súa actuación, aplaudida con entusiasmo, coroou unha tarde na
que a cultura se puxo ao servizo dunha causa social urxente e necesaria.
O
concerto non só foi unha mostra do traballo artístico dos grupos participantes,
senón tamén unha chamada á acción solidaria. Todos os beneficios do evento
destinaranse a apoiar o traballo esencial da Cociña Económica, unha institución
que proporciona alimentos e apoio aos máis necesitados todos os días.
O
acto foi presentado pola presidenta de ADAYEUS, Marisa Mauriz Barreiro, e
concluiu con unas palabras do Presidente da Cociña Económica.
Dende
ADAYEUS, queremos expresar o noso profundo agradecemento pola colaboración de
todos os asistentes, dos grupos participantes, dos directores, Antón Riveiro e
Christian Losada, e de todos aqueles cuyo traballo e compromiso fixeron posible
este evento.
A
música unía as nosas voces, pero era a solidariedade a que lle daba sentido a
cada nota.
Fotos
e vídeos: https://photos.app.goo.gl/e8sXpDXkJyuYP43G7
Ningún comentario:
Publicar un comentario