Hoxe 6 de xuño, ás 11:00 horas,
no Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña, na Maestranza, tivo lugar
o acto de graduación da XIX promoción de graduados da Coruña.
Este acto comezou coa
intervención do coro ADAYEUS, que interpretou o Gaudeamus Igitur.
O acto, estivo presidido polo noso
reitor, Ricardo Cao, polo vicerreitor Moises
Canle, a nosa direitora, Matilde García, así como o padriño da promoción, o
profesor Fernando Agrasar e a voceira da promoción, Ángeles Fernández.
A continuación, Francisco Ascón
Belver, técnico da Universidade Sénior fai o chamamento, de 4 en 4, dos
titulados que recollen os seus diplomas e becas na mesa presidencial.
Francisco Ascón, foi nomeándoos
por orde alfabética, e así pasaron os titulados, entre eles un membro do noso
coro, Florencio Mateo.
Despois da entrega, recibiron
unha forte ovación de todos os que estaban alí.
Pechou o acto o coro ADAYEUS,
interpretando un tema do seu repertorio: Dorme, dorme, meu menino e como remate
do acto cantaron o Himno Galego, ao tempo que abrían as cortiñas do Paraninfo e
volvemos a poder admirar a “pintura impresionista” que nos ofrece a baía
da Coruña.
Parabéns aos novos graduados.
Marisa Mauriz Barreiro
Presidenta Adayeus
Fotos e video: https://photos.app.goo.gl/zCny5aNfKU9sZQii8
Ningún comentario:
Publicar un comentario