I ENCONTRO DE COROS DOS PROGRAMAS DE MAIORES EN GALICIA - 20/05/2023

 

O sábado 20 de maio tivo lugar no Mosteiro de San Martín Pinario, en Santiago, o I Encontro de Coros dos Programas de Maiores de Galicia, organizado pola Asociación ADAYEUS, baixo o patrocinio de FEGAUS (Federación Galega de Asociacións de Universidades Séniores). de Compostela.

Coa afluencia de numeroso público e nun marco tan especial e excepcional, o concerto comezou coa actuación da fagotista Marina García Gallego, á que seguiron a Coral Polifónica da Casa del Mar, a Coral Polifónica San Martín de Meirás (Sada) e a Coral Sénior da Asociación ADAYEUS.

Pechouse o acto, coa interpretación conxunta de todos os coros do tema “O VOSO GALO”.

Por parte de Adayeus fíxose entrega dun detalle aos directores das Corais participantes, e a Marina García Gallego.

Para rematar o encontro celebrouse unha cea na hospedería do propio Mosteiro, para todos os participantes e asistentes.

María del Carmen Sánchez

Vocal Coro Adayeus


FOTOS: https://photos.app.goo.gl/rydgQHM63jruzALFA

VIDEOS: https://photos.app.goo.gl/XKt5dJkSuHxSDebG7





Ningún comentario:

Publicar un comentario