CONCERTO CONVENTO DOMINICOS - 16/06/2025

 

A noite de onte foi unha desas que se lembran con gratitude e emoción. No maxestoso Convento Dominico, o Coro da Asociación ADAYEUS e o Grupo de Canto Tradicional ADAYEUS, dentro do programa de “Hogueras de San Juan 2025” ofreceron un concerto cheo de sensibilidade, dedicación e conexión co público.

Un programa amplo e variado que alternaba cancións tradicionais con outros estilos foi ovacionado calorosamente polo público.

Foi unha noite emotiva polo afecto e a comprensión mutua que se sentiron entre os intérpretes e o público. Foi un exemplo máis de como a música pode ser unha ponte entre xeracións, unha celebración da cultura e unha homenaxe ás nosas raíces.

Tras o concerto, todos os participantes compartiron unha cea de convivencia no Reitorado da Coruña, na Maestramza. onde continuaron os agradecementos, as risas e o bo ambiente. Foi o final perfecto para un día especial que une arte, amizade e compromiso, e unhas merecidas vacacións.

Moitas grazas a todos por acompañarnos e facer posible esta enriquecedora experiencia.

No seguinte enlace, encontraredes un resumo do que foi a velada.

Ata o vindeiro outubro!

Fotos e vídeos: https://photos.app.goo.gl/8LkYVdmeCHtzFmSSA





GRADUACION XX PROMOCIÓN UNIVERSIDADE SENIOR A CORUÑA - 10/06/2025

 

Hoxe, martes 10 de xuño, as 11:00 horas, no Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña, na Maestranza, tivo lugar o acto de graduación e entrega de diplomas ao alumnado do campus da Coruña, correspondente a  XX promoción (2020-2025) do programa “Graduado Sénior pola Universidade da Coruña” do campus da Coruña

O acto estivo  presidido polo Vicerreitor de Titulacións e Internacionalización, D. Moisés Canle López, a Directora da Universidade Sénior, Dna. Matilde García Sánchez, e a madriña da promoción, a Prof. Elvira Santiago Gómez.

O acto contou coa actuación do Coro da Asociación de Alumnos/as e Exalumnos/as da Universidade Sénior (ADAYEUS), que interpretaron o “Gaudeamus Igitur”, “Non te cases na coruña” e o “Himno Galego”.

¡Noraboa a todos os graduados!

Marisa Mauriz

Coro Adayeus

 

Foto e Videos: https://photos.app.goo.gl/qb6vWbdng1eCSLVB6




ACTUACION CORO ADAYEUS COMIDA FIN DE CURSO - 16/05/2025

 O PASADO 16 DE MAYO, NO HOTEL FINISTERRE, O CORO ADAYEUS E O GRUPO DE CANTOS TRADICIONAIS DE ADAYEUS, OFRECEU UN CONCERTO A TODOLOS SOCIOS CO SEGUINTE REPERTORIO:

  • FOLIADA DE NADELA
  • FOLIADA MARIÑEIRA
  • O SANCRISTAN DE COIMBRA
  • THE LION SLEEPS TONIGHT
  • NON TE CASES NA CORUÑA
  • O VOSO GALO


CONCERTO A PROL DA COCIÑA ECONÓMICA DA CORUÑA NA ETS DE NAUTICA CONMEMORANDO O DIA DAS LETRAS GALEGAS 2025 - 19/05/2025

 

Este luns, o salón de actos da Escola de Náutica e Maquinaria da Coruña encheuse de emoción, aplausos e xenerosidade durante o concerto organizado por ADAYEUS a beneficio da Cociña Económica da Coruña, e en homenaxe ao Día das Letras Galegas. Un evento onde a música popular e a solidariedade foron as verdadeiras protagonistas.

Ao acto asistiron o presidente da Cociña Economica da Coruña, D. Jacinto Torres Fraga, e o seu administrador, D. Oscar Castro. Na entrada do Salón de Actos,  colocouse unha caixa de colecta onde os asistentes depositaron voluntariamente unha doazón.

A tarde comezou cunha actuación do Grupo de Cantos Tradicionais ADAYEUS, que ofreceu un repertorio empapado de raíces e memoria colectiva, revivindo cancións do patrimonio popular que provocaron sorrisos compliceiros e algunhas bágoas de emoción no público.

A continuación, o grupo da Asociación DO LADO DO SOL sumou as súas voces, bailes e entusiasmo a unha animada actuación, destacando o valor da música como vehículo de unidade, inclusión e alegría compartida.

O concerto concluíu cunha actuación do Coro ADAYEUS, que ofreceu unha variada e coidada selección do seu repertorio, interpretada coa paixón e dedicación que a caracterizan. A súa actuación, aplaudida con entusiasmo, coroou unha tarde na que a cultura se puxo ao servizo dunha causa social urxente e necesaria.

O concerto non só foi unha mostra do traballo artístico dos grupos participantes, senón tamén unha chamada á acción solidaria. Todos os beneficios do evento destinaranse a apoiar o traballo esencial da Cociña Económica, unha institución que proporciona alimentos e apoio aos máis necesitados todos os días.

O acto foi presentado pola presidenta de ADAYEUS, Marisa Mauriz Barreiro, e concluiu con unas palabras do Presidente da Cociña Económica.

Dende ADAYEUS, queremos expresar o noso profundo agradecemento pola colaboración de todos os asistentes, dos grupos participantes, dos directores, Antón Riveiro e Christian Losada, e de todos aqueles cuyo traballo e compromiso fixeron posible este evento.

A música unía as nosas voces, pero era a solidariedade a que lle daba sentido a cada nota.

Fotos e vídeos: https://photos.app.goo.gl/e8sXpDXkJyuYP43G7