CONCERTO CONVENTO DOMINICOS - 16/06/2025

 

A noite de onte foi unha desas que se lembran con gratitude e emoción. No maxestoso Convento Dominico, o Coro da Asociación ADAYEUS e o Grupo de Canto Tradicional ADAYEUS, dentro do programa de “Hogueras de San Juan 2025” ofreceron un concerto cheo de sensibilidade, dedicación e conexión co público.

Un programa amplo e variado que alternaba cancións tradicionais con outros estilos foi ovacionado calorosamente polo público.

Foi unha noite emotiva polo afecto e a comprensión mutua que se sentiron entre os intérpretes e o público. Foi un exemplo máis de como a música pode ser unha ponte entre xeracións, unha celebración da cultura e unha homenaxe ás nosas raíces.

Tras o concerto, todos os participantes compartiron unha cea de convivencia no Reitorado da Coruña, na Maestramza. onde continuaron os agradecementos, as risas e o bo ambiente. Foi o final perfecto para un día especial que une arte, amizade e compromiso, e unhas merecidas vacacións.

Moitas grazas a todos por acompañarnos e facer posible esta enriquecedora experiencia.

No seguinte enlace, encontraredes un resumo do que foi a velada.

Ata o vindeiro outubro!

Fotos e vídeos: https://photos.app.goo.gl/8LkYVdmeCHtzFmSSA





GRADUACION XX PROMOCIÓN UNIVERSIDADE SENIOR A CORUÑA - 10/06/2025

 

Hoxe, martes 10 de xuño, as 11:00 horas, no Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña, na Maestranza, tivo lugar o acto de graduación e entrega de diplomas ao alumnado do campus da Coruña, correspondente a  XX promoción (2020-2025) do programa “Graduado Sénior pola Universidade da Coruña” do campus da Coruña

O acto estivo  presidido polo Vicerreitor de Titulacións e Internacionalización, D. Moisés Canle López, a Directora da Universidade Sénior, Dna. Matilde García Sánchez, e a madriña da promoción, a Prof. Elvira Santiago Gómez.

O acto contou coa actuación do Coro da Asociación de Alumnos/as e Exalumnos/as da Universidade Sénior (ADAYEUS), que interpretaron o “Gaudeamus Igitur”, “Non te cases na coruña” e o “Himno Galego”.

¡Noraboa a todos os graduados!

Marisa Mauriz

Coro Adayeus

 

Foto e Videos: https://photos.app.goo.gl/qb6vWbdng1eCSLVB6