O pasado venres 22 de febreiro ás 2:00 horas e co motivo da celebración do Entroido 2019, a Asociación ADAYEUS, organizou un cocido masivo, no que asistiron en total 148 persoas, na Finca "O CENADOR DE CAMBRE".
Un número significativo de invitados asistiron disfrazados ou cun complemento "carnavaleiro", que deu o toque de "troula" preciso ao evento.
Cando chegou a sobremesa, a festa foi amenizada polo grupo galego "OS XOTAS", composto por dúas gaitas e tambor, aos que máis tarde se xuntaron algúns socios e camaradas para tocar a pandeireta, cantar e bailar muiñeiras, xotas, pasarruas, etc.
Tamén o Coro Adayeus interpretou unha serie de cancións en galego, acompañadas polo resto dos comensais. Grazas a todos por facernos pasar unha tarde moi agradable
ETIQUETAS
- Actividades (3)
- Actuacions (39)
- CARTEIS (5)
- COMPOSICION CORO (1)
- CURSO 2017/2018 (4)
- CURSO 2018/2019 (6)
- CURSO 2019/2020 (7)
- CURSO 2022/2023 (11)
- CURSO 2023/2024 (7)
- CURSO 2024/2025 (8)
- ENCONTRO NACIONAL COROS (3)
- PRENSA (2)
- VIDEOS (3)

