ETIQUETAS
- Actividades (3)
- Actuacions (39)
- CARTEIS (5)
- COMPOSICION CORO (1)
- CURSO 2017/2018 (4)
- CURSO 2018/2019 (6)
- CURSO 2019/2020 (7)
- CURSO 2022/2023 (11)
- CURSO 2023/2024 (7)
- CURSO 2024/2025 (8)
- ENCONTRO NACIONAL COROS (3)
- PRENSA (2)
- VIDEOS (3)
PRIMEIRO ENCONTRO DE COROS UNIVERSITARIOS SENIOR DE GALICIA - FERROL - 15/11/2025
Onte, sábado, a cidade de Ferrol converteuse nun punto de encontro para a música coral madura coa celebración do Primeiro Encontro de Coros Universitarios Sénior, un evento que reuniu grupos de diversas cidades gallegas e puxo de relevo o dinamismo cultural das clases sénior e asociacións vinculadas á universidade.
O evento tivo lugar no Auditorio do Campus de Ferrol, un espazo que se encheu dun público que abrazou con entusiasmo unha xornada marcada pola camaradería, o intercambio cultural e a paixón pola música. Nesta primeira edición participaron a Coral Adayeus da Coruña, a Coral Sénior do Campus de Vigo, a Coral Lucus Terra de Lugo, a Coral Clarín da Universidade de Oviedo como convidada e, como anfitrioa, a Coral da Asociación de Estudantes Sénior e Antigos Alumnos do Campus de Ferrol. Cada grupo presentou un repertorio variado que combinaba obras populares, pezas clásicas e arranxos contemporáneos, mostrando a riqueza e diversidade do traballo coral desenvolvido nos programas universitarios sénior.
O concerto abriuse coa Coral ADAYEUS cantando o Himno Universitario “Gaudeamus Igitur”, ao que o público se uniu con entusiasmo. Rematou coa interpretación do Himno Galego pola Coral de Ferrol.
Ao final, a vicerreitora do Campus Sénior de Ferrol, Ana Isabel Ares Pernas, dirixiuse a todos os coros, agradecendo a súa participación. O evento foi clausurado por José Ponte Far, concelleiro en representación do Concello de Ferrol.
O Primeiro Encontro de Corais Universitarios Sénior de Ferrol concluíu cunha sensación xeral de satisfacción e a convicción de que a música coral, ademais do seu valor artístico, é un poderoso instrumento para a participación social, a aprendizaxe e o benestar emocional. Os organizadores expresaron o seu agradecemento ao público e ao compromiso de todos os grupos participantes, que fixeron posible esta exitosa primeira edición.
Dende a nosa asociación, queremos agradecer a todos a marabillosa acollida e felicitar a todos os implicados na organización. Marchamos satisfeitos cunha xornada de música realmente enriquecedora e con ganas de participar en futuras edicións.
Marisa Mauriz Barreiro
Presidenta de ADAYEUS
Fotos e vídeos: https://photos.app.goo.gl/Ez7vdnBgkSwj18FX7
CONCERTO CONVENTO DOMINICOS - 16/06/2025
A noite de onte foi unha desas que se lembran con gratitude e
emoción. No maxestoso Convento Dominico, o Coro da Asociación ADAYEUS e o
Grupo de Canto Tradicional ADAYEUS, dentro do programa de “Hogueras de San
Juan 2025” ofreceron un concerto cheo de sensibilidade, dedicación e conexión
co público.
Un programa amplo e variado que alternaba cancións tradicionais
con outros estilos foi ovacionado calorosamente polo público.
Foi unha noite emotiva polo afecto e a comprensión mutua que se
sentiron entre os intérpretes e o público. Foi un exemplo máis de como a música
pode ser unha ponte entre xeracións, unha celebración da cultura e unha
homenaxe ás nosas raíces.
Tras o concerto, todos os participantes compartiron unha cea de
convivencia no Reitorado da Coruña, na Maestramza. onde continuaron os
agradecementos, as risas e o bo ambiente. Foi o final perfecto para un día
especial que une arte, amizade e compromiso, e unhas merecidas vacacións.
Moitas grazas a todos por acompañarnos e facer posible esta
enriquecedora experiencia.
No seguinte enlace, encontraredes un resumo do que foi a velada.
Ata o vindeiro outubro!
Fotos e vídeos: https://photos.app.goo.gl/8LkYVdmeCHtzFmSSA
GRADUACION XX PROMOCIÓN UNIVERSIDADE SENIOR A CORUÑA - 10/06/2025
Hoxe, martes 10 de xuño, as 11:00 horas, no Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña, na
Maestranza, tivo lugar o acto de
graduación e entrega de diplomas ao alumnado do campus da Coruña,
correspondente a XX promoción (2020-2025) do
programa “Graduado Sénior pola
Universidade da Coruña” do campus da
Coruña
O acto estivo
presidido polo Vicerreitor de
Titulacións e Internacionalización, D. Moisés Canle López, a Directora da
Universidade Sénior, Dna. Matilde García Sánchez, e a madriña da promoción, a
Prof. Elvira Santiago Gómez.
O acto contou coa actuación do Coro da Asociación de Alumnos/as
e Exalumnos/as da Universidade Sénior (ADAYEUS), que interpretaron o “Gaudeamus
Igitur”, “Non te cases na coruña” e o “Himno Galego”.
¡Noraboa a todos os graduados!
Marisa Mauriz
Coro Adayeus
Foto e Videos: https://photos.app.goo.gl/qb6vWbdng1eCSLVB6
ACTUACION CORO ADAYEUS COMIDA FIN DE CURSO - 16/05/2025
O PASADO 16 DE MAYO, NO HOTEL FINISTERRE, O CORO ADAYEUS E O GRUPO DE CANTOS TRADICIONAIS DE ADAYEUS, OFRECEU UN CONCERTO A TODOLOS SOCIOS CO SEGUINTE REPERTORIO:
- FOLIADA DE NADELA
- FOLIADA MARIÑEIRA
- O SANCRISTAN DE COIMBRA
- THE LION SLEEPS TONIGHT
- NON TE CASES NA CORUÑA
- O VOSO GALO
CONCERTO A PROL DA COCIÑA ECONÓMICA DA CORUÑA NA ETS DE NAUTICA CONMEMORANDO O DIA DAS LETRAS GALEGAS 2025 - 19/05/2025
Este
luns, o salón de actos da Escola de Náutica e Maquinaria da Coruña encheuse de
emoción, aplausos e xenerosidade durante o concerto organizado por ADAYEUS a
beneficio da Cociña Económica da Coruña, e en homenaxe ao Día das Letras
Galegas. Un evento onde a música popular e a solidariedade foron as verdadeiras
protagonistas.
Ao
acto asistiron o presidente da Cociña Economica da Coruña, D. Jacinto Torres
Fraga, e o seu administrador, D. Oscar Castro. Na entrada do Salón de Actos, colocouse unha caixa de colecta onde os
asistentes depositaron voluntariamente unha doazón.
A
tarde comezou cunha actuación do Grupo de Cantos Tradicionais ADAYEUS, que
ofreceu un repertorio empapado de raíces e memoria colectiva, revivindo
cancións do patrimonio popular que provocaron sorrisos compliceiros e algunhas
bágoas de emoción no público.
A
continuación, o grupo da Asociación DO LADO DO SOL sumou as súas voces, bailes
e entusiasmo a unha animada actuación, destacando o valor da música como
vehículo de unidade, inclusión e alegría compartida.
O
concerto concluíu cunha actuación do Coro ADAYEUS, que ofreceu unha variada e coidada
selección do seu repertorio, interpretada coa paixón e dedicación que a
caracterizan. A súa actuación, aplaudida con entusiasmo, coroou unha tarde na
que a cultura se puxo ao servizo dunha causa social urxente e necesaria.
O
concerto non só foi unha mostra do traballo artístico dos grupos participantes,
senón tamén unha chamada á acción solidaria. Todos os beneficios do evento
destinaranse a apoiar o traballo esencial da Cociña Económica, unha institución
que proporciona alimentos e apoio aos máis necesitados todos os días.
O
acto foi presentado pola presidenta de ADAYEUS, Marisa Mauriz Barreiro, e
concluiu con unas palabras do Presidente da Cociña Económica.
Dende
ADAYEUS, queremos expresar o noso profundo agradecemento pola colaboración de
todos os asistentes, dos grupos participantes, dos directores, Antón Riveiro e
Christian Losada, e de todos aqueles cuyo traballo e compromiso fixeron posible
este evento.
A
música unía as nosas voces, pero era a solidariedade a que lle daba sentido a
cada nota.
Fotos
e vídeos: https://photos.app.goo.gl/e8sXpDXkJyuYP43G7
ACTUACION COROS ADAYEUS NA RESIDENCIA DE MAIORES "PADRE RUBINOS" - 11/12/2024
O mercores día 11, tivo lugar na Residencia de maiores "PADRE RUBINOS" da Coruña, a terceira actuación do Coro ADAYEUS e o grupo de Cantos Tradicionales de ADAYEUS.
O repertorio foi o seguinte:
Duerme el Niño Jesus
No despiertes a mi Niño,
Cantiga para durmir un Neno
Cancion de Cuna de ZBrahms
Siyahamba
A laranxiña
A Miña Burriña
Foliada de San Fins de Castro
A Saia de Carolina
O Sancristan de Coimbra
Con un sombreiro de palla e
O Voso Galo Comadre
Agardamos que o desfrutaran, igual que nós.
Marisa Mauriz
Fotos e videos: https://photos.app.goo.gl/sLDnrpXN1Uw4smkPA
ACTUACION COROS ADAYEUS RESIDENCIA DE MAIORES "ADCOR" - 09/12/2024
Continuamos coas actuacións do ciclo de Residencias de Maiores deste curso 2024/2025. Hoxe, 9 de decembro, tivo lugar na Residencia de maiores "ADCOR".
O repertorio foi o seguinte:
Duerme el Niño Jesus
No despiertes a mi Niño,
Cantiga para durmir un Neno
Cancion de Cuna de ZBrahms
Siyahamba
A laranxiña
A Miña Burriña
Foliada de San Fins de Castro
A Saia de Carolina
O Sancristan de Coimbra
Con un sombreiro de palla e
O Voso Galo Comadre
Agardamos que o desfrutaran, igual que nós.
Marisa Mauriz
Fotos y Videos: https://photos.app.goo.gl/bDUeLRR8q8rtcT1UA
PARTICIPACION CORO ADAYEUS EN EL "MESIAS PARTICIPATIVO" - PALACIO DE LA OPERA A CORUÑA- 06 Y 07/12/2024
O Mesías Participativo na Coruña, celebrado os días 6 e 7 de decembro, foi un evento extraordinario que deixou pegada en todos os asistentes e participantes. Este proxecto, que une coros afeccionados con músicos e solistas profesionais, permitiunos vivir de preto a maxestade do famoso “Mesías” de Haendel nun formato que invita á colaboración e ao goce colectivo.
A Coral ADAYEUS tivo a honra de formar parte desta experiencia. Durante semanas, os seus integrantes traballaron arreo para prepararse, afrontando os retos técnicos e musicais que supón un traballo desta envergadura. Ensaios intensos, compromiso e paixón marcaron o camiño.
O esforzo valeu a pena: a actuación foi un éxito rotundo. As voces do coro, unidas ás doutras agrupacións participantes e guiadas pola maxistral dirección do mestre, Carlos Mena, encheron o escenario e a sala dunha enerxía única. Para os integrantes de ADAYEUS non só foi unha oportunidade de medrar musicalmente, senón tamén de formar parte de algo moito máis grande: un acto de comunidade e amor pola música.
O público emocionado respondeu con calorosos aplausos, recoñecendo o talento e a dedicación de todos os implicados. Sen dúbida, o Mesías Participativo na Coruña foi unha experiencia inesquecible que reforza o poder da música como ponte entre as persoas.
Parabéns á nosa Coral.
Marisa Mauriz Barreiro
Presidente ADAYEUS
FOTOS E VÍDEOS: https://photos.app.goo.gl/e1DiymAqD1VwZP5k6









