Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 2019/2020. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 2019/2020. Amosar todas as publicacións

Na Residencia Sanitas

No barrio coruñés de Monte Alto actuamos o pasado 16 de decembro. Para nós, é unha satisfacción o compartir tempo cos Residentes e agasallarlles con algunhas das nosas cancións.


               


Na Residencia A Milagrosa


O día 12 de decembro actuamos no Centro de Maiores A Milagrosa. Unha actuación solidaria que a todos nos conmove. O repertorio foi o seguinte: Os cregos e os Taberneiros; Cantando o xote; Foliada do Salnés, Pandeirada de Vilariño, O voso galo comadre, Foliada da Cruña, Catro vellos mariñeiros A virxe de Guadalupe, A saia da Carolina e mesmo algunha panxoliña.
Fixemos participar aos asistentes e ao final agasalláronnos cuns pinchos.

VIDEO Na Residencia de Oleiros



Especialmente emotiva foi a actuación na Residencia de Oleiros Domus-Vi. Esta foi a nosa primeira actuación de Nadal.
Para nós é unha ledicia arrincarlles un sorriso aos residentes ao tempo que participan cantando ou acompañando coas palmas. No repertorio incluíronse cancións do folclore galego e panxoliñas.
No video anterior interpretamos Os cregos e os taberneiros.

Calendario de actuacións de Nadal

Árboles de Navidad con Nieve - GIFMANIA


Escola Arquitectura Técnica: venres, 22 de novembro ás 20:30 horas
Residencia Domus.vi Oleiros: luns, 9 de decembro ás 17:30 horas
Centro de Maiores A Milagrosa: xoves, 12 de decembro ás 18 horas
Residencia Sanitas: luns, 16 de decembro ás 18 horas
Residencia La Obra de la Señora: xoves, 19 de decembro ás 18 horas

1ª Actuación para os maiores


Na Residencia Concepción Arenal DomusVi foi a nosa primeira actuación este curso para os maiores. Como vén sendo habitual, moi boa acollida e moitas vibracións entre os asistentes.

Acto de inauguración do curso 2019/2020 da Universidade Sénior

O día 17 de outubro inaugurouse o curso académico no Paraninfo da Reitoría na Maestranza. Despois das intervención da Viceirreitora, Dª Nancy Vázquez e da Directora da Univeresidade Sénior, Dª Matilde García, o Profesor D. Francisco Moreno, Director académico do Instituto Cervantes e catedrático de Lingua Española da Universidade Alcalá de Henares, obsequiounos cunha lección Maxistral titulada El español en territorio comanche. O coro, como colofón, deleitounos co Himno Galego, Alalá de Noia e Gaudeamus Igitur.


Outra exitosa actuación

A tarde do pasado 16 de xaneiro os compoñentes do coro Adayeus dirixímonos cara ao moderno barrio coruñés de Matogrande para actuar na Residencia da 3ª idade DomusVi Matogrande.
Ao chegar fomos recibidos pola dirección do Centro e dirixidos ao Salón de actos onde actuamos.
A Residencia ofrece máis de cen prazas para residentes e tamén ofrece prazas como Centro de día.
A nosa actuación formou parte das actividades programadas pola dirección, e para nós, significou un acto solidario na que os residentes participaron entonando algunhas cancións e acompañando con palmas.
As cancións Piel canela, Foliada da Cruña, Muradana, Os cregos e taberneiros, Gobbo se pare, O rodaballo, foron incluidas no programa.
Toda unha actuación moi emotiva e na que, ao rematar, saímos coa sensación de alcanzar un obxectivo: arrincar un sorriso aos nosos maiores e que pasaran un rato agradable.
Voltaremos pronto, amigos!!!