ACTUACION CORO ADAYEUS - CONCERTO PRIMAVERA CONCELLO DE CARIÑO - 27/04/2024
Onte sábado 27 de abril a Coral ADAYEUS da nosa Asociación tivo o seu primeiro concerto en Cariño, baixo a batuta do noso director, Christian Losada Matías, coa interpretación de 4 temas do novo repertorio.: Ay Linda Amiga, Dorme Dorme meu menino, Ay triste que vengo, y Ave María.
https://photos.app.goo.gl/NY41NokTeJ8gwydCA
ACTUACION CORO SENIOR ADAYEUS NA RESIDENCIA DE MAIORES SANITAS - 18/12/2023
Hoxe o Coro Senior ADAYEUS, rematou a tempada de concertos nas Residencias de Maiores, coa actuación no Centro de SANITAS.
O repertorio foi o seguinte:
SIYAHAMBA
O VOSO GALO
OS CREGOS E OS TABERNEIROS
PANDEIRADA DE VILARIÑO
VEN NIÑO VEN
DUERME NIÑO JESUS
EN LA MAS FRIA NOCHE
BLANCA NAVIDAD
GATATUMBA
A RIANXEIRA
ADESTE FIDELES
FOTOS E VIDEOS: https://photos.app.goo.gl/aKLBcpU6WwyGKi1fA
ACTUACION DO CORO SENIOR ADAYEUS NA RESIDENCIA DE MAIORES ADCOR DA CORUÑA - 11/12/2023
Hoxe o Coro Senior ADAYEUS, actuou na Residencia de Maiores, ADCOR, onde como sempre fomos recibidos con moita ledicia e agarimo. Co noso agradecemento tanto a os residentes como a os responsables do Centro, desexamoslles unhas moi Felices Festas do Nadal.
O repertorio foi o seguinte:
SIYAHAMBA
O VOSO GALO
OS CREGOS E OS TABERNEIROS
PANDEIRADA DE VILARIÑO
VEN NIÑO VEN
DUERME NIÑO JESUS
EN LA MAS FRIA NOCHE
BLANCA NAVIDAD
GATATUMBA
A RIANXEIRA
ADESTE FIDELES
FOTOS E VIDEO: https://photos.app.goo.gl/MoVnpvSRugnRmZTc7
ACTUACION DO CORO ADAYEUS NA RESIDENCIA DE MAIORES TORRENTE BALLESTER - A CORUÑA - 27/11/2023
Continuamos coas actuacións do ciclo de Residencias de Maiores deste curso 2023/2024. Hoxe tivo lugar Residencia de maiores "Torrente Ballester".
O repertorio foi o seguinte:
Siyahamba
O Voso Galo Comadre
Pandeirada de Vilariño,
Duerme el Niño Jesus
Ven Niño Ven
En la mas fría noche
Blanca Navidad
Gatatumba
Agardamos que o desfrutaran, igual que nós.
Marisa Mauriz
Fotos: https://photos.app.goo.gl/VcDjUtCehrGGxdEX7
ACTUACION DO CORO ADAYEUS NA RESIDENCIA DE MAIORES "PADRE RUBINOS" - 22/11/2023
Hoxe comenzamos a primeira das actuacións do ciclo de Residencias de Maiores deste curso 2023/2024. Foi na Residencia de maiores "Padre Rubinos", onde nos recibiron como en todas, con moito cariño, e que tentamos corresponder do mesmo xeito, cantando o mellor que sabemos.
O repertorio foi o seguinte:
Siyahamba
O Voso Galo Comadre
Pandeirada de Vilariño,
Duerme el Niño Jesus
Ven Niño Ven
En la mas fría noche
Blanca Navidad
Gatatumba
Agardamos que o desfrutaran, igual que nós.
Marisa Mauriz
FOTO E VIDEOS: https://photos.app.goo.gl/xuvoZuGngx9vtHEg9
ACTUACION NA GRADUACIÓN DA XVIII PROMOCIÓN DE GRADUADO SENIOR PO LA UNIVERSIDADE SENIOR DA UDC .- 08/06/2023
Hoxe 8 de xuño, ás 12:00 horas,
reunímonos no Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña, na Maestranza,
onde tivo lugar o acto de graduación da XVIII promoción de graduados da Coruña.
Este acto comezou coa
intervención do coro ADAYEUS, que interpretou o Gaudeamus Igitur.
O acto, este ano, estivo presidido polo reitor, D. Julio Abalde,
pola vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente da
Universidade da Coruña, Dona Nancy Vázquez Veiga, e contou coa intervención da
directora da Universidade Sénior, Dona Matilde García Sánchez. Tamén
participaron o padriño da promoción, o profesor Juan José Galán Díaz, e o
representante do alumnado da promoción, D. Ramón Pou Romay, que ademáis e o
Vicepresidente da Asociación ADAYEUS, que fixo una mención especial para nosa
Asociación.
A continuación, Francisco Ascón
Belver, técnico da Universidade Sénior fai o chamamento, de 4 en 4, dos titulados
que recollen os seus diplomas e becas na mesa presidencial.
Francisco Ascón, foi nomeándoos
por orde alfabética, e así pasaron os titulados, entre eles varios membros da Xunta Directiva de Adayeus: Antonia Barral, M. Dolores Cabrera, Ramón Pou y María Luisa Mauriz, que e compoñente tamén
do Coro ADAYEUS, así como outra compoñente do Coro, María Nieves Sánchez
Iglesias.
Despois da entrega, recibiron
unha forte ovación de todos os que estaban alí.
Por último, tomou a palabra o
Reitor, D. Julio Abalde, o cal dirixiu unas fermosas palabras a todos os recién
Graduados, despedindose do seu posto como Reitor, o cal finaliza a finais de
este ano, y desexando que pase rápido, o tempo que lle queda para poder ser
alumno da Universidade Senior.
Pechou o acto o coro ADAYEUS,
interpretando un tema galego: “Xa non sei Cantar”, e como remate do acto cantaron o Himno Galego, ao
tempo que abrían as cortiñas do Paraninfo e volvemos a poder admirar a “pintura
impresionista” que nos ofrece a baía da Coruña.
Parabéns aos novos graduados.
ADAYEUS
I ENCONTRO DE COROS DOS PROGRAMAS DE MAIORES EN GALICIA - 20/05/2023
O sábado 20 de maio tivo lugar no
Mosteiro de San Martín Pinario, en Santiago, o I Encontro de Coros dos
Programas de Maiores de Galicia, organizado pola Asociación ADAYEUS, baixo o patrocinio
de FEGAUS (Federación Galega de Asociacións de Universidades Séniores). de
Compostela.
Coa afluencia de numeroso público
e nun marco tan especial e excepcional, o concerto comezou coa actuación da
fagotista Marina García Gallego, á que seguiron a Coral Polifónica da Casa del
Mar, a Coral Polifónica San Martín de Meirás (Sada) e a Coral Sénior da
Asociación ADAYEUS.
Pechouse o acto, coa
interpretación conxunta de todos os coros do tema “O VOSO GALO”.
Por parte de Adayeus fíxose
entrega dun detalle aos directores das Corais participantes, e a Marina García
Gallego.
Para rematar o encontro
celebrouse unha cea na hospedería do propio Mosteiro, para todos os
participantes e asistentes.
María del Carmen Sánchez
Vocal Coro Adayeus
FOTOS: https://photos.app.goo.gl/rydgQHM63jruzALFA
VIDEOS: https://photos.app.goo.gl/XKt5dJkSuHxSDebG7
CONCERTO A BENEFICIO DA COCIÑA ECONÓMICA - 21/04/2023
Onte venres 21 de abril tivo
lugar o Concerto a beneficio da Cociña Económica da Coruña, no Salón de Actos
da E.T.S. de NAUTICA, organizada por Adayeus, e coa participación da Coral
Senior de Telefónica, a coral Casa del Mar, a coral Adayeus e a coral DO LA DO
DO SOL, á que tamén asistiu o presidente da Cociña Económica D. Jacinto Torres
Fraga.
Na entrada do salón colocouse
unha urna para recibir as doazóns que puidesen achegar os asistentes.
A asistencia de público foi moi
satisfactoria, e moi participativa, ao pasar unha tarde moi agradable.
O acto foi presentado polo
vicepresidente da Asociación, Ramón Pou Romay, e destituído pola presidenta,
Marisa Mauriz Barreiro.
Agradecemos ás corais
participantes e aos seus directores, Pablo Rico, Luisa Armesto, Raquel
Rodríguez e Antón Fernández, a súa implicación no acto, e esperamos contar coa
súa compañía en máis ocasións.
Dende Adayeus esperamos que vos
gustara o evento.
Marisa Mauriz
Presidenta Adayeus
ACTUACION DO CORO ADAYEUS NA CLAUSURA DA SEMANA INTERNACIONAL DA UDC - 31/03/2023
O pasado Venres 31 de marzo, o Coro Adayeus actuou no acto de clausura da Semana Internacional da UDC, celebrada no paraninfo da Universidade da Coruña, co seguinte repertorio:
GAUDEAMUS IGITUR
ALALA DE NOIA
HIMNO GALEGO
Fotos: https://photos.app.goo.gl/wYiVPJDXf3D2CKYQ6